Wednesday 15 de May de 2024

A biblioteca de Ordes inicia este venres unha nova tempada das súas Tardes de contos e lendas


A partir das 18.30 horas ofrecerase a narración do relato ‘Conto contigo’ para nenos e nenas a partir de 8 anos

A biblioteca municipal de Ordes inicia este vindeiro venres, 25 de setembro, ás 18.30 horas, unha nova tempada das súas Tardes de contos e lendas.

A actividade vai dirixida a nenos e nenas a partir de 8 anos, presentándose como unha toma de contacto coa literatura e coa biblioteca pública. Para esta primeira data cóntase coa presenza de Manuel Solla, quen ofrecerá a narración ‘Conto Contigo’.

As Tardes de contos e lendas é unha das actividades de maior aceptación das organizadas pola biblioteca de Ordes, que ten lugar o último venres de cada mes. Esta forma parte do programa da Xunta de Galicia ‘Ler conta moito’, cuxo principal obxectivo é a promoción da lectura entre a xente máis nova.